o couceiro non para
A WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
EDUCACIÓN INFANTIL
actividades para a semana do 8 de xuño
Ola de novo a todos e todas!
Agora que estamos en plena desescalada do confinamento, anímovos a que fagades deporte ao aire libre, pero cumprindo todas as normas de prevención posibles.
Estas son as actividades para esta semana:
actividades para a semana do 1 de xuño
CONSTRÚE UN XOGUETE
Se vos queda tempo, construíde e xogade cunha “zoadeira de botón”.
É moi xinxelo. Ides precisar:
- Un botón grande, ou varios círculos de cartón pegados, ou tapas redondas, etc.
- Un anaco de cordel ou fío algo resistente.
- Unhas tesoiras.
Lembrade que hai que darlle moitas voltas para que funcione. Déixovos este vídeo:
actividades para a semana do 25 de maio
Ola a tod@s!!!
A nova proposta de actividades está conectada cunha data moi sinalada na nosa cultura: 17 de maio, "Día das Letras Galegas" que estamos a celebrar estes días. Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, quen naceu e pasou a súa infancia, nada máis e nada menos que na veciña cidade de Ferrol. E que mellor maneira de rendirlle homenaxe que dar un paseo virtual polas súas rúas e prazas,escenario dos xogos da súa infancia que imos ver a continuación:
“Practica “xogos de sempre”
No seguinte enlace tedes unha imaxe interactiva na que atoparedes 6 ideas de
xogo tradicional que, se non coñecedes, seguro que na vosa casa vosos pais ou avós sí que coñecerán. Podedes mandar un pequeno vídeo practicando un deses xogos ou, se pode ser, outro xogo tradicional que vos contaron na casa.
Procurade deixar ben clariño nas fotos ou nos vídeos o nome do xogo tradicional que escollestes.
Non vos esquezades de enviar a actividade xunto co voso nome e o curso!
actividades semana do 18 de maio
Bos días a todos e a todas, campións!
Mirade o seguinte vídeo. Nel temos que facer moitos equilibrios e saltos. A ver si sodes capaces de facer un igual ou parecido. Ánimo!
actividades semana do 11 de maio
Ola , son o profe!
Como sodes uns campións estou seguro que vos estades portando xenial .
Propóñovos un RETO para poder verbos en acción.
Idear un circuíto de habilidades na casa con cousas que atopamos na casa,
coa axuda dos máis maiores. Podedes mandar algunha foto ou pequeno vídeo da actividade ao correo que aparece no blog das actividades: couceironacasaef@gmail.com
Os seguintes vídeos poden servir de axuda:
actividades semana do 4 de maio
Ola a todos e todas campións!. Esta semana propoño facer un circuito tomando ideas
como as do seguinte enlace:
actividades semana do 27 de abril
Ola campións. Seguro que vos estades portando fenomenalmente estes días. Xa queda pouco para que nos vexamos todos. ÁNIMOOO!!!
Esta semana propoño a seguinte actividade
actividades anteriores
Reproducir os movementos dos animáis mariños a través da práctica do ioga.
O BAILE DOS ANIMAIS
Animádevos a bailar esta canción. Fala do que estamos pasando.
A MOVERNOS!!!
TOCA MOVEMENTO!!!
Ola a todos e todas, son o profe de psico ,seguro que pronto volveremos a vernos todos na aula de psicomotricidade ou no ximnasio. Pero mentres tanto, nós seguimos facendo xogos diver e poñéndonos en forma.
Esta semana propoño que fagades na casa coa familia a seguinte actividade: