o couceiro non para
A WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
2º DE PRIMARIA
AQUÍ TEDES OS VOSOS VÍDEOS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
actividades para a semana do 8 de xuño
Ola de novo a todos e todas!
Agora que estamos en plena desescalada do confinamento, anímovos a que fagades deporte ao aire libre, pero cumprindo todas as normas de prevención posibles.
Estas son as actividades para esta semana:
RETOS
Elixe polo menos 2 dos seguintes retos :
Reto 1: Misión imposible
Reto 3: Sentarse no chan e levantarse.
Reto 2: Mete o vaso no botellín
Reto 4: Lanzar e coller o papel wc antes de que toque o chan.
Constrúe e xoga cun "frisbee" (disco voador)
Podemos atopar diferentes formas de construílo. Déixovos un enlace a un vídeo de youtube (está en inglés), no que se mostra unha forma caseira de facelo.
Precisaredes:
-
2 pratos de plástico, cartón ou similar.
-
1 calcetín ou algo que lle dea peso ao disco voador.
-
celo ou cinta illante.
Despois inventade distintos maneiras de xogar con él, e se pode ser en espazos abertos, agora que se pode, moito mellor. Botádelle imaxinación!
Recordade que podedes enviar os retos por correo!
actividades para a semana do 1 de xuño
Practica algún dos seguintes retos que aparecen nestes videos e despois INVENTA TI UN e mándao nun vídeo ao correo.
Reto de velocidade de reación
Reto de equilibrio postural
Reto de equilibrio de pés
Reto de habilidade rítmica
CONSTRÚE UN XOGUETE
Se vos queda tempo, construíde e xogade cunha “zoadeira de botón”.
É moi xinxelo. Ides precisar:
- Un botón grande, ou varios círculos de cartón pegados, ou tapas redondas, etc.
- Un anaco de cordel ou fío algo resistente.
- Unhas tesoiras.
Lembrade que hai que darlle moitas voltas para que funcione. Déixovos este vídeo:
actividades para a semana do 25 de maio
Ola a tod@s!!!
A nova proposta de actividades está conectada cunha data moi sinalada na nosa cultura: 17 de maio, "Día das Letras Galegas" que estamos a celebrar estes días. Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, quen naceu e pasou a súa infancia, nada máis e nada menos que na veciña cidade de Ferrol. E que mellor maneira de rendirlle homenaxe que dar un paseo virtual polas súas rúas e prazas,escenario dos xogos da súa infancia que imos ver a continuación:
“Practica “xogos de sempre”
No seguinte enlace tedes unha imaxe interactiva na que atoparedes 6 ideas de
xogo tradicional que, se non coñecedes, seguro que na vosa casa vosos pais ou avós sí que coñecerán. Podedes mandar un pequeno vídeo practicando un deses xogos ou, se pode ser, outro xogo tradicional que vos contaron na casa.
Procurade deixar ben clariño nas fotos ou nos vídeos o nome do xogo tradicional que escollestes.
Non vos esquezades de enviar a actividade xunto co voso nome e o curso!
actividades para a semana do 18 de maio
Bo día a todos e todas.
Xa vin os retos que mandastes ao correo. A verdade é que me fai moita ilusión ver que estades ben e en plena forma.
Esta semana hai novos RETOS, seguro que os superades.
RETO 1: CRUZAR O LAGO
Dende a porta da túa casa tes que chegar ata á túa habitación, para iso tes que ir pisando enriba dun coxín, logo poñer o outro coxín diante, dar un paso e pisar sobre o segundo coxín, recoller o que queda detrás e poñelo diante e pisar de novo sobre él e así sucesivamente ata que chegues á túa habitación.
Tamén podes usar 2 follas de xornal, 2 revistas ou un par de zapatillas.
Normas:
Se caes na auga (pisas no chan) debes escomezar de novo.
Cronometra o tempo que che leva cruzar para ver se eres capaz de supéralo en sucesivos intentos.
RETO 2: MANTÉN O EQUILIBRIO DURANTE 15 SEGUNDOS
-
Pata coxa: ponte á pata coxa cos brazos en cruz e en cada palma da man un paquete de 1 kilo (paquete de arroz, macarróns…) e aguantar 15 segundos.
-
Agochados: cos pes no chan, as pernas dobladas en ángulo recto e a espalda apoiada na parede durante 15 segundos.
-
Supermán: ponte a catro patas, estira o brazo dereito coma se foras Supermán e estira a perna esquerda cara atrás, agora só estás apoiado coa man esquerda e xeonllo e pé dereito. Tes que aguantar 15 segundos.
Normas:
Tes que ter un cronómetro ou reloxo á vista.
Podes repetir o exercicio, ampliando o tempo de duración e ver onde está o teu aguante.
RETO DE CONSTRUCIÓN
Constrúe un “iogurcesto” e practica. Nesta actividade de coordinación ollo-man
tentaremos que a bóla enceste no bote.
Precisarás, por exemplo:
1 - Un bote de iogur, ou a cabeza dunha botella de plástico, etc.
2 - Un fío de lá duns 40 cm, ou unha cordiña, ou tanza, etc.
3 - Un anaco de escarvadentes ou similar .
4 - Un anaco de papel de aluminio, ou unha boliña, ou un pequeno obxecto.
(Se usas o papel de aluminio, só terás que esmagalo no cabo do fío)
Busca formas de xogar: cunha man, coa outra, facendo posturas de equilibrio, golpeando a bóla coa man ou o pé, etc.
Mirade este vídeo:
actividades para a semana do 11 de maio
Ola , son o profe!
Estou seguro que estás a pasar estes días de xeito exemplar.
Hai moito que non nos vemos e tiña moitas gañas de verte en plena acción , por iso pensei para esta semana propoñer un RETO:
Inventa un circuíto de habilidades motrices con cousas que atopes fácilmente pola casa:
-vasoiras - cadeiras - calcetíns
-coxíns -envases -papel hixiénico
NORMAS:
1. Pide axuda e debuxa o circuíto que pensas facer nun folio .
2. .Estará composto como mínimo de 3 estacións ( cada parte ou habilidade que se traballa).
3. Constrúe o circuíto coa axuda dos teus pais ou irmáns.
4. Sácalle unha foto ao circuíto cando o acabes de rematar.
5. Fai o circuíto ida e volta, sen interrupcións, descansa uns minutos e repíteo novamente.
6. Pide axuda para facer unha pequena gravación de vídeo en acción ( 10 a 20 segundos de duración).
7. Non te olvides de envialo, con nome e curso incluído, ao correo que aparece no blog: couceironacasaef@gmail.com
Estes vídeos pódenche aportar ideas, pero ti seguro que tes moitísima imaxinación!!
actividades para a semana do 4 de maio
1. Ola a todos e todas! Esta semana desafíovos a que superedes dous RETOS , un onde traballamos a flexibilidade e o outro a coordinación mediante os desprazamentos:
RETO 1
RETO 2
2. Esta semana traballamos OS LANZAMENTOS.
Necesitades materiais que todos tedes na casa: caixa de cartón, tixeiras, follas de papel e a axuda dun maior que revise o voso traballo. É moi sinxelo.
RECORDADE QUE PODEDES ENVIAR FOTOS OU VÍDEOS DAS ACTIVIDADES POLO CORREO !
actividades para a semana do 27 de abril
1. Esta semana imos facer unha sesión de ZUMBA que consiste nunha serie exercicios aeróbicos, onde tedes que seguir ata que remate a actividade, mezclados con ritmos de música latina superdivertidos.
2. Agora veremos unha sesión de SALTOS moi fácil de preparar, con obxectos que todos temos na casa, superdivertida.
actividades de semanas anteriores
A nivel xeral propuxemos para esta situación tan especial que cada familia (de maneira voluntaria) mandara unha foto ou un video de non máis de 10 segundos onde estén xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden ser os nenos/as solos ou coa familia. #NoCouceiroQuedamosNaCasa é o resultado da vosa colaboración.
Moitas grazas.
ESTAS SON ALGUNHAS PROPOSTAS PARA ESTES DÍAS:
-
Visionar e realizar exercicios de ioga a través da imitación das posturas dos animais.
BAILADE CON ESTA CANCIÓN QUE FALA DA NOSA SITUACIÓN.
IMOS FACER UNHA SESIÓN DE DANZA JUST UNLIMITED. TEDES MOITAS CANCIÓNS...
CIRCUÍTO
-
Inventar un circuito pola casa intentando traballar o maior número de habilidades posibles: desprazamentos diferentes (de pé, de xeonllos, de costas, talóns, catro patas...), saltos, xiros, equilibrios…
-
O importante é a imaxinación, hai cousas na casa que vos poden servir. Por suposto con coidado e sen facer loucuras.
-
Pon roupa e calzado cómodo e fai un quencemento previo (1-2 minutos).
-
Repite o circuíto 3 veces. Cada exercicio do circuíto debe durar 20 segundos. Descansa un pouco entre cada repetición.
-
Aquí tedes algúns exemplos:
ZOOFÚTBOL NA CASA
-
Busca unha pelota de pequeno ou mediano tamaño (se non a atopas podes construir unha de papel, cun xornal vello, revista, un pouco de celo, pegamento...)
-
Busca un espazo seguro e axeitado da casa.
-
Fai apoio a catro patas para desprazarte, non apoies os xeonllos. Utiliza unha soa man para conducir ou golpear a pelota mentres te soltés co resto dos apoios.
-
Polo corredor conduce a pelota ida e volta.
-
Ensaia lanzamentos a portería (os marcos dunha porta, unha cadeira) a 1 ou 2 metros de distancia cunha man, e despois coa outra.
-
Reta aos que poidas na casa a xogar un breve partido de 2 ou 3 minutos
TAREFAS DE QUECEMENTO
Busca diferentes maneiras de desprazarte pola casa :
-
saltos cos pés xuntos.
-
agochados en crequenas.
-
coas puntas dos pés.
-
á pata coxa.
-
levantando moito os xeonllos (bicicleta).
-
saltos abrindo e cerrando brazos en cruz.
PRACTICA EXERCICIOS NUNHA ESCALEIRA DE COORDINACIÓN
Podes fabricala con calquer tipo de material: cinta, corda, tiza ou calquera material que teñas pola casa. A continuación deixo un enlace que che pode servir de exemplo.
Podes utilizala máis adiante como unha mariola para xogar no tempo libre.
SALTA Á COMBA
-
Salta á comba cunha corda (podes usar calquera tipo de corda que atopes pola casa ou se é o caso, unir duás cordas cun simple nudo).
-
Intenta facer primeiro un número pequeno de saltos (de tres a cinco) durante un tempo, varias veces e cun pequeno descanso entre cada serie.
-
Despois, segundo as túas posibilidades intenta facer series máis longas (10 ou máis saltos).
-
Descansa 20 segundos entre cada serie.
ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA
DO 20 AO 24 DE ABRIL
Deixo un video cunha pequena sesión de acondicionamiento físico na casa. Podedes facela solos ou en familia.
Recordade que estes días tan excepcionais, non debemos caer na inactividade.
Durante esta semana propóñovos un reto: “ Os 8 retos do Couceiro” composto de 8 probas a conseguir. Hai tarefas de equilibrio,desprazamento,lanzamentos…A animarse!!!