top of page

1º DE PRIMARIA

        AQUÍ TEDES OS VOSOS VÍDEOS.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

actividades para a semana do 8 de xuño

Ola de novo a todos e todas!

 Agora que estamos en plena desescalada do confinamento, anímovos a que fagades deporte ao aire libre, pero cumprindo todas as normas de prevención posibles.

Estas son as actividades para esta semana:

                                                         RETOS                                                            

Elixe  polo menos 2 dos seguintes retos :

Reto 1: Misión imposible

Reto 3: Sentarse no chan e levantarse.

Reto 2: Mete o vaso no botellín

Reto 4: Lanzar e coller o papel wc antes de que toque o chan.

Constrúe e xoga cun "frisbee" (disco voador)

Podemos atopar diferentes formas de construílo. Déixovos un enlace a un vídeo de youtube (está en inglés), no que se mostra unha forma caseira de facelo. 

Precisaredes:

  • 2 pratos de plástico, cartón ou similar.                  

  • 1 calcetín ou algo que lle dea peso ao disco voador.

  • celo ou cinta illante.

Despois inventade distintos maneiras de xogar con él, e se pode ser en espazos abertos, agora que se pode, moito mellor. Botádelle imaxinación!  

Recordade que podedes enviar os retos por correo!

actividades para a semana do 1 de xuño

Practica algún dos seguintes retos que aparecen nestes videos e despois INVENTA TI UN e mándao nun vídeo ao correo.

Reto de velocidade de reación

Reto de equilibrio postural

Reto de equilibrio de pés

Reto de habilidade rítmica

                                      CONSTRÚE UN XOGUETE                                           

 

Se vos queda tempo, construíde e xogade cunha “zoadeira de botón”. 

É moi xinxelo. Ides precisar:

- Un botón grande, ou varios círculos de cartón pegados, ou tapas redondas, etc.            

- Un anaco de cordel ou fío algo resistente.

- Unhas tesoiras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lembrade que  hai que darlle moitas voltas para que funcione. Déixovos este vídeo:

yyy.jpg

actividades para a semana do 25 de maio

Ola a tod@s!!!

A nova proposta de actividades está conectada cunha data moi sinalada na nosa cultura: 17 de maio, "Día das Letras Galegas" que estamos a celebrar estes días. Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, quen naceu e pasou a súa infancia, nada máis e nada menos que na veciña cidade de Ferrol. E que mellor maneira de rendirlle homenaxe que dar un paseo virtual polas súas rúas e prazas,escenario dos xogos da súa infancia que imos ver a continuación:

“Practica “xogos de sempre”

 No seguinte enlace tedes unha imaxe interactiva na que atoparedes 6 ideas de

 xogo tradicional que, se non coñecedes, seguro que na vosa casa vosos pais ou avós sí que coñecerán. Podedes mandar un pequeno vídeo practicando un deses xogos ou, se pode ser, outro xogo tradicional que vos  contaron na casa.

Procurade deixar ben clariño nas fotos ou nos vídeos o nome do xogo  tradicional que escollestes.

Non vos esquezades de enviar a actividade  xunto co voso nome e o curso!

actividades para a semana do 18 de maio

Bo día a todos e todas.

Xa vin os retos que mandastes ao correo. A verdade é que me fai moita ilusión ver que estades ben e en plena forma.

Esta semana  hai novos RETOS, seguro que os superades.

RETO 1:  CRUZAR O LAGO

Dende a porta da túa casa  tes que chegar ata á túa habitación, para iso tes que ir pisando enriba dun coxín, logo poñer o outro coxín diante, dar un paso e pisar sobre o segundo coxín, recoller o que queda detrás e poñelo diante  e pisar de novo sobre él e así sucesivamente ata que chegues á túa habitación.

Tamén podes usar 2 follas de xornal, 2 revistas ou un par de zapatillas.

Normas:

Se caes na auga (pisas no chan) debes escomezar de novo.

Cronometra o tempo que che leva cruzar para ver se eres capaz de supéralo en sucesivos intentos.

RETO 2: MANTÉN O EQUILIBRIO DURANTE 15 SEGUNDOS

  1. Pata coxa: ponte á pata coxa cos brazos en cruz e en cada palma da man un paquete de 1 kilo (paquete de arroz, macarróns…) e aguantar 15 segundos.

  2. Agochados: cos pes no chan, as pernas dobladas en ángulo recto e a espalda apoiada na parede durante 15 segundos.

  3. Supermán: ponte a catro patas, estira o brazo dereito coma se foras Supermán e estira a perna esquerda cara atrás, agora só estás apoiado coa man esquerda e xeonllo e pé dereito. Tes que aguantar 15 segundos.

Normas:

Tes que ter un  cronómetro ou reloxo á vista.

Podes repetir o exercicio, ampliando o tempo de duración e ver onde está o teu aguante.

RETO  DE CONSTRUCIÓN

 

Constrúe un “iogurcesto” e practica. Nesta actividade de coordinación ollo-man

tentaremos que a bóla enceste no bote.

Precisarás, por exemplo:

1 - Un bote de iogur, ou a cabeza dunha botella de plástico, etc.

2 - Un fío de lá duns 40 cm, ou unha cordiña, ou tanza, etc.

3 - Un anaco de escarvadentes ou similar .

4 - Un anaco de papel de aluminio, ou unha boliña, ou un pequeno obxecto.

(Se usas o papel de aluminio, só terás que esmagalo no cabo do fío)

 

 

 

 

 

 

 

 

Busca formas de xogar: cunha man, coa outra, facendo posturas de equilibrio, golpeando a bóla coa man ou o pé, etc.

Clica no enlace:

gg.jpg
fff.jpg
yyy.jpg

actividades para a semana do 11 de maio

Ola , son o profe!

Estou seguro que estás  a pasar estes días de xeito exemplar.

Hai moito que non nos vemos e tiña moitas gañas de verte en plena acción , por iso pensei para esta semana  propoñer un RETO:

Inventa un circuíto de habilidades motrices con cousas que atopes fácilmente pola casa:

 

-vasoiras                                         - cadeiras                                                 - calcetíns

-coxíns                                            -envases                                                  -papel hixiénico

 

NORMAS:

1. Pide axuda e debuxa o circuíto que pensas facer nun folio .

2. .Estará composto  como mínimo de 3 estacións ( cada parte ou  habilidade que se traballa).

3. Constrúe o circuíto coa axuda dos teus pais ou irmáns.

4. Sácalle unha foto  ao circuíto  cando o acabes de rematar.

5. Fai o circuíto ida e volta,  sen interrupcións,  descansa uns minutos e repíteo novamente.

6. Pide axuda  para facer unha pequena gravación de  vídeo en acción   ( 10 a 20 segundos de duración).

7.  Non te olvides de envialo, con nome e curso incluído, ao correo que aparece no blog: couceironacasaef@gmail.com

Estes vídeos pódenche aportar ideas, pero ti seguro que tes moitísima imaxinación!!

actividades para a semana do 4 de maio

1. Ola a todos e todas! Esta semana desafíovos a que superedes dous RETOS , un onde traballamos a flexibilidade e o outro a coordinación mediante os desprazamentos:

RETO 1

RETO 2

2. Esta semana traballamos OS LANZAMENTOS.

Necesitades materiais que todos tedes na casa: caixa de cartón, tixeiras, follas de papel e a axuda dun maior que revise o voso traballo. É moi sinxelo.

RECORDADE QUE PODEDES ENVIAR  FOTOS OU VÍDEOS DAS ACTIVIDADES POLO CORREO !

actividades para a semana do 27 de abril

1. Esta semana imos facer unha sesión de ZUMBA que consiste nunha serie exercicios aeróbicos, onde tedes que seguir ata que remate a actividade, mezclados con ritmos de música latina superdivertidos.

2Agora veremos unha sesión de SALTOS  moi fácil de preparar, con obxectos que todos temos na casa, superdivertida.

actividades de semanas anteriores

A nivel xeral propuxemos para esta situación tan especial que cada familia (de maneira voluntaria) mandara unha foto ou un video de non máis de 10 segundos onde estén xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden ser os nenos/as solos ou coa familia. #NoCouceiroQuedamosNaCasa é o resultado da vosa colaboración.

Moitas grazas.

En canto as propostas para estes días podemos comezar coa visualización deste video. nos pode servir para reflexionar sobre a nosa situación actual. comentádeo tamén coa vosa familia.

  • Visionar e realizar exercicios de ioga  a través da imitación das posturas dos animais.

BAILADE CON ESTA CANCIÓN QUE FALA DA NOSA SITUACIÓN.

IMOS FACER UNHA SESIÓN DE DANZA JUST UNLIMITED. TEDES MOITAS CANCIÓNS...

CIRCUÍTO

  • Inventar un circuito pola casa intentando traballar o maior número de habilidades posibles: desprazamentos diferentes (de pé, de xeonllos, de costas, talóns, catro patas...), saltos, xiros, equilibrios…

  • O importante é a imaxinación, hai cousas na casa que vos poden servir. Por suposto con coidado e sen facer loucuras.

  • Pon roupa e calzado cómodo e fai un quencemento previo (1-2 minutos).

  • repite o circuíto 3 veces. descansa un pouco entre cada repetición.

  • Aquí tedes algúns exemplos:

ZOOFÚTBOL NA CASA

  • Busca unha pelota de pequeno ou mediano tamaño (se non a atopas podes construir unha de papel, cun xornal vello, revista, un pouco de celo, pegamento...)

  • Busca un espazo seguro e axeitado da casa.

  • Fai apoio a catro patas para desprazarte, non apoies os xeonllos. Utiliza unha soa man para conducir ou golpear a pelota mentres te soltés co resto dos apoios.

  • Polo corredor conduce a pelota ida e volta.

  • Ensaia lanzamentos a portería (os marcos dunha porta, unha cadeira) a 1 ou 2 metros de distancia cunha man, e despois coa outra.

  • Reta aos que poidas na casa a xogar un breve partido de 2 ou 3 minutos

TAREFAS DE QUECEMENTO

Busca difentes  maneiras de desprazarte pola casa :

 

  •  saltos cos pés xuntos.

  • agochados en crequenas.

  • coas puntas dos pés.

  • á pata coxa.

  • levantando moito os xeonllos (bicicleta).

  • saltos abrindo e cerrando brazos en cruz.

PRACTICA EXERCICIOS NUNHA ESCALEIRA DE COORDINACIÓN

Podes fabricala con calquer tipo de material: cinta, corda, tiza ou calquera material que teñas pola casa. A continuación deixo un enlace que che pode servir de exemplo.

 

 

Podes utilizala máis adiante como unha mariola para xogar no tempo libre.

escalera.coordinacion-.jpg

ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA

        DO 20 AO 24 DE ABRIL

Deixo un video cunha pequena sesión de acondicionamiento físico na casa. Podedes facela solos ou en familia.
Recordade que estes días tan excepcionais,  non debemos caer na inactividade.

Durante esta semana propóñovos un reto: “ Os 8 retos do Couceiro” composto de 8 probas a conseguir. Hai tarefas de equilibrio,desprazamento,lanzamentos…A animarse!!!

bottom of page