o couceiro non para
A WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
4º DE PRIMARIA
AQUÍ TEDES OS VOSOS VÍDEOS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
actividades para a semana do 8 de xuño
Ola de novo a todos e todas!
Agora que estamos en plena desescalada do confinamento, anímovos a que fagades deporte ao aire libre, pero cumprindo todas as normas de prevención posibles.
Estas son as actividades para esta semana:
RETOS
Elixe polo menos 2 dos seguintes retos :
Reto 1: Misión imposible
Reto 3: Sentarse no chan e levantarse.
Reto 2: Mete o vaso no botellín
Reto 4: Lanzar e coller o papel wc antes de que toque o chan.
Constrúe e xoga cun "frisbee" (disco voador)
Podemos atopar diferentes formas de construílo. Déixovos un enlace a un vídeo de youtube (está en inglés), no que se mostra unha forma caseira de facelo.
Precisaredes:
-
2 pratos de plástico, cartón ou similar.
-
1 calcetín ou algo que lle dea peso ao disco voador.
-
celo ou cinta illante.
Despois inventade distintos maneiras de xogar con él, e se pode ser en espazos abertos, agora que se pode, moito mellor. Botádelle imaxinación!
Recordade que podedes enviar os retos por correo!
actividades para a semana do 1 de xuño
Practica algún dos seguintes retos que aparecen nestes videos e despois INVENTA TI UN e mándao nun vídeo ao correo.
Reto de velocidade de reación
Reto de equilibrio postural
Reto de equilibrio de pés
Reto de habilidade rítmica
CONSTRÚE UN XOGUETE
Se vos queda tempo, construíde e xogade cunha “zoadeira de botón”.
É moi xinxelo. Ides precisar:
- Un botón grande, ou varios círculos de cartón pegados, ou tapas redondas, etc.
- Un anaco de cordel ou fío algo resistente.
- Unhas tesoiras.
Lembrade que hai que darlle moitas voltas para que funcione. Déixovos este vídeo:
actividades para a semana do 25 de maio
Ola a tod@s!!!
A nova proposta de actividades está conectada cunha data moi sinalada na nosa cultura: 17 de maio, "Día das Letras Galegas" que estamos a celebrar estes días. Como ben sabedes este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, quen naceu e pasou a súa infancia, nada máis e nada menos que na veciña cidade de Ferrol. E que mellor maneira de rendirlle homenaxe que dar un paseo virtual polas súas rúas e prazas,escenario dos xogos da súa infancia que imos ver a continuación:
“Practica “xogos de sempre”
No seguinte enlace tedes unha imaxe interactiva na que atoparedes 6 ideas de
xogo tradicional que, se non coñecedes, seguro que na vosa casa vosos pais ou avós sí que coñecerán. Podedes mandar un pequeno vídeo practicando un deses xogos ou, se pode ser, outro xogo tradicional que vos contaron na casa.
Procurade deixar ben clariño nas fotos ou nos vídeos o nome do xogo tradicional que escollestes.
Non vos esquezades de enviar a actividade xunto co voso nome e o curso!
actividades para a semana do 18 de maio
Bo día a todos e todas.
Xa vin os retos que mandastes ao correo. A verdade é que me fai moita ilusión ver que estades ben e en plena forma.
Esta semana hai novos RETOS, seguro que os superades.
RETO 1: CRUZAR O LAGO
Dende a porta da túa casa tes que chegar ata á túa habitación, para iso tes que ir pisando enriba dun coxín, logo poñer o outro coxín diante, dar un paso e pisar sobre o segundo coxín, recoller o que queda detrás e poñelo diante e pisar de novo sobre él e así sucesivamente ata que chegues á túa habitación.
Tamén podes usar 2 follas de xornal, 2 revistas ou un par de zapatillas.
Normas:
Se caes na auga (pisas no chan) debes escomezar de novo.
Cronometra o tempo que che leva cruzar para ver se eres capaz de supéralo en sucesivos intentos.
RETO 2: MANTÉN O EQUILIBRIO DURANTE 15 SEGUNDOS
-
Pata coxa: ponte á pata coxa cos brazos en cruz e en cada palma da man un paquete de 1 kilo (paquete de arroz, macarróns…) e aguantar 15 segundos.
-
Agochados: cos pes no chan, as pernas dobladas en ángulo recto e a espalda apoiada na parede durante 15 segundos.
-
Supermán: ponte a catro patas, estira o brazo dereito coma se foras Supermán e estira a perna esquerda cara atrás, agora só estás apoiado coa man esquerda e xeonllo e pé dereito. Tes que aguantar 15 segundos.
Normas:
Tes que ter un cronómetro ou reloxo á vista.
Podes repetir o exercicio, ampliando o tempo de duración e ver onde está o teu aguante.
RETO: UN PARA GAÑAR
Esta semana imos recordar un programa que tivo un certo éxito no noso país, "Uno para ganar". Presentado por Jesús Vázquez, este concurso de televisión consistía nunha serie de retos, máis ou menos complicados, que os concursantes debían realizar en menos dun minuto.
A ver se consegues superar algún dos seguintes retos en menos dun minuto.
MÁIS PROBAS AQUÍ
RETO DE CONSTRUCIÓN
Constrúe un “iogurcesto” e practica. Nesta actividade de coordinación ollo-man
tentaremos que a bóla enceste no bote.
Precisarás, por exemplo:
1 - Un bote de iogur, ou a cabeza dunha botella de plástico, etc.
2 - Un fío de lá duns 40 cm, ou unha cordiña, ou tanza, etc.
3 - Un anaco de escarvadentes ou similar .
4 - Un anaco de papel de aluminio, ou unha boliña, ou un pequeno obxecto.
(Se usas o papel de aluminio, só terás que esmagalo no cabo do fío)
Busca formas de xogar: cunha man, coa outra, facendo posturas de equilibrio, golpeando a bóla coa man ou o pé, etc.
Mirade este vídeo:
actividades para a semana do 11 de maio
Que tal vai todo?
Estamos seguros que estades a pasar estes días de xeito exemplar.
Hai moito que non nos vemos e temos moitas gañas de vervos en plena acción, por iso pensamos para esta semana propoñer un RETO:
Inventa un circuíto de habilidades motrices con cousas que atopedes fácilmente pola casa:
-vasoiras - cadeiras - calcetíns
-coxíns -envases -papel hixiénico
NORMAS:
1. Pide axuda e debuxa o circuíto que pensas facer nun folio .
2. Estará composto como mínimo de 4 estacións ( cada parte ou habilidade que se traballa).
3. Constrúe o circuíto coa axuda dos teus pais ou irmáns.
4. Sácalle unha foto ao circuíto cando o acabes de rematar.
5. Fai o circuíto ida e volta dúas veces, sen interrupcións, descansa uns minutos e repíteo novamente.
6. Pide axuda para facer unha pequena gravación de vídeo en acción ( 15 a 30 segundos de duración).
7. Non te olvides de envialo, con nome e curso incluído, ao correo que aparece no blog: couceironacasaef@gmail.com
Estes vídeos pódenche aportar ideas, pero ti seguro que tes moitísima imaxinación!!
actividades para a semana do 4 de maio
1. Gustouvos a tabata? Esta semana traballaremos a coordinación , a axilidade e a potenciación do xogo de pés. Só necesitas unhas liñas no chan: de tiza, cordón, cinta…
DESAFÍO:
Cántos xogos de movementos de pés podes chegar a superar?
2. Esta semana traballamos OS LANZAMENTOS.
Necesitades materiais que todos tedes na casa: caixa de cartón, tixeiras, follas de papel e a axuda dun maior que revise o voso traballo. É moi sinxelo.
RECORDADE QUE PODEDES ENVIAR FOTOS OU VÍDEOS DAS ACTIVIDADES POLO CORREO !
actividades para a semana do 27 de abril
Ola a todos e todas. Xa queda menos para volvernos ver. Estou seguro que vos estades comportando na casa coma auténticos campións, non me cabe dúbida ningunha. Cómo vos foi co reto da semana pasada? Esta semana temos novo reto superinteresante.
1. A TABATA e un tipo de entrenamiento onde se desenvolven 8 series de exercicios durante 20 segundos cada un, cun descanso de 10 segundos entre cada serie.
Eres capaz de superar o seguinte reto?
2. Sesión de SALTOS con obxectos que temos na casa e ademáis súperdivertida.
actividades de semanas anteriores
A nivel xeral propuxemos para esta situación tan especial que cada familia (de maneira voluntaria) mandara unha foto ou un video de non máis de 10 segundos onde estén xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden ser os nenos/as solos ou coa familia). #NoCouceiroQuedamosNaCasa é o resultado das vosas aportacións.
Moitas grazas a todos e a todas.
En canto as propostas para estes días podemos comezar coa visualización deste video. Nos pode servir para reflexionar sobre a nosa situación actual. Comentádeo tamén coa vosa familia.
Animádevos a bailar un pouco. A canción fala do que estamos pasando.
Intentade xogar ao volei con globos!!!
COREOGRAFÍAS
Que o baile é unha actividade física moi beneficiosa para a saúde e un exercicio moi completo para poñernos en forma non é nada novo.
A Zumba é un baile fácil e divertido que esconde unha enorme cantidade de beneficios para o corpo.
É una disciplina de fitness enfocada por unha parte a manter un corpo saudable e por outra a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.
Consellos:
+Realiza o baile nun lugar seguro.
+Antes de facer o baile asegúrate de que é un lugar adecuado.
+Faino con roupa e calzado cómodo.
+Podes facer cada baile ou coreografía varias veces todos os días.
+Se podes facela acompañado/a será máis divertido.
+Entre cada repetición do baile, realiza un pequeno descanso e bebe auga.
CIRCUÍTO
-
Inventar un circuíto pola casa intentando traballar o maior número de habilidades posibles: desprazamentos diferentes (de pé, de xeonllos, de costas, talóns, catro patas...), saltos, xiros, lanzamentos, recepcións, equilibrios…
-
O importante é a imaxinación, hai cousas na casa que vos poden servir. Por suposto con coidado e sen facer loucuras.
-
Se queredes, pasádeo a un folio e cando volvamos ás clases o traedes e o vemos.
-
Estes son algúns exemplos que vos poden servir de axuda:
UN POUQUIÑO DE IOGA PARA RELAXARNOS
O ioga é un conxunto de disciplinas físicas e mentais que tiveron a súa orixe na India. O noso principal obxectivo, ademáis de fortalecer e estirar o noso corpo, é conseguir relaxarnos. Busca un lugar cómodo e experimenta un pouquiño de ioga.
CAMIÑO PERIGOSO
É un xogo que xa coñecedes. O temos utilizado moitas veces ao final das sesións e tamén nos xogos de fin de curso. O seu nome é camiño perigoso. Trátase dun xogo de memoria visual. Podemos utilizar follas de periódico, de revistas, folios,... ou calquer material de reciclaxe, para marcar as casillas do camiño.
Colocamos as casillas que queiramos (podemos modificar o número de filas como as casillas que hai en cada fila). O xogo consiste en ir saltando de fila en fila dende unha casilla da primeira fila ata unha casilla da última fila sen caer en ningunha trampa. Varias condicións:
- Non se pode saltar a unha casilla da mesma fila.
- Se caemos nunha trampa volvemos a comezar.
- Unha persoa fará de guía do xogo e terá nas súas mans unha folla co recorrido e onde están marcadas as trampas.
- O recorrido pode ser fácil ou difícil. Podemos marcar as trampas que queiramos en cada fila pero sempre temos que deixar unha libre.
- Se alguén chega ao final do camiño podemos engadir un último reto que consiste en acertar onde se esconde un tesouro (no cole poñíamos un obxecto debaixo dun cono). Podedes colocar varios vasos e poñer o tesouro debaixo dun deles.
TARXETA DO GUÍA (QUE SE COLOCA AO FINAL)
COMEZO DO CAMIÑO
TAREFAS DE QUECEMENTO
Busca diferentes maneiras de movilizar as articulacións seguindo a orde establecida:
-
Nocellos.
-
Xeonllos.
-
Cadeiras.
-
Columna vertebral.
-
Ombreiros.
-
Cóbados e pulsos.
-
Pescozo (con moito coidado).
PRACTICA EXERCICIOS NUNHA ESCALEIRA DE COORDINACIÓN
A escaleira de coordinación é unha ferramenta moi simple que podemos utilizar para mellorar a nosa coordinación. A práctica da escaleira ten múltiples beneficios: mellora da coordinación, equilibrio, axilidade e velocidade de pes. Debemos comezar con exercicios simples e ir pouco a pouco introducindo algúns máis complicados.
Podes fabricala con calquer tipo de material: cinta, corda, tiza ou calquera material que teñas pola casa. A continuación tedes varios vídeos para comezar a practicar..
Podes utilizala máis adiante como unha mariola para xogar no tempo libre.
ELABORA BOLAS DE MALABARES DE ARROZ
O malabarismo é a arte de manipular e executar espectáculos con un ou máis obxectos á vez. Aquí tedes varios vídeos para construir pelotas malabares. Unha vez feitas podemos comezar a practicar cunha bola, con dúas,... seredes capaces de malabarear con tres?
ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA
DO 20 AO 24 DE ABRIL
1. Deixo un video cunha pequena sesión de acondicionamiento físico na casa. Podedes facela solos ou en familia.
Recordade que estes días tan excepcionáis,
NON DEBEMOS CAER NA INACTIVIDADE!!
2. Xa temos elaboradas as pelotas de malabares non? A que resultou doado e divertido? Pois agora propoño un novo reto.
3. “Coronavirus Attack” é un xogo de mesa motriz , podedes xogar en familia. ¡😀Aquí nos movemos todos💪! Para xogar, solo tedes que imprimilo e pegalo sobre unha base de cartón ou observar as casiñas desde un dispositivo digital.Só precisas un dado e fichas de diferente cor.
SON PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA QUE POIDADES FACER SE VOS APETECE. LEMBRADE QUE O EXERCICIO FÍSICO É FUNDAMENTAL PARA A NOSA SAÚDE E SOBRE TODO NUNHA SITUACIÓN TAN ESPECIAL COMO A QUE ESTAMOS A VIVIR.