o couceiro non para
A WEB DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL
Chegamos ó remate dun curso especial. A pandemia provocada polo coronavirus levounos a confinarnos nas nosas casas e a continuar o proceso educativo a distancia. Na nosa asignatura intentamos motivarvos a través de retos, actividades, xogos, bailes,… O exercicio físico converteuse nunha parte fundamental do día a día dos nenos e nenas.
No momento de planificar as actividades sempre pensamos nas limitacións que poderían ter moitas familias. Nas últimas semanas o desconfinamento levounos a saír máis das nosas casas e a que os rapaces e rapazas tiveran máis contacto co exterior.
Tedes un verán por diante para gozar da natureza. Desfrutade das praias, dos campos, dos ríos, das montañas, …
Pasádeo moi ben, aproveitade cada momento e facede a maior actividade física posible pero recordade manter as medidas de prevención.
Unha aperta moi grande a todas e todos!!!
NESTES MOMENTOS TAN DIFÍCILES DE RECLUSIÓN QUE ESTAMOS VIVINDO, A EDUCACIÓN FÍSICA CONVÉRTESE NUN INSTRUMENTO FUNDAMENTAL PARA MANTER UN EQUILIBRIO E SAÚDE MENTAL E FÍSICA.
O NOSO CORPO ESTÁ DESEÑADO PARA MOVERSE.
podedes enviar fotos ou vídeos das vosas actividades a este correo:
couceironacasaef@gmail.com
PARA SOPORTAR ESTAS SEMANAS NA CASA, PREPARAMOS UNHA SERIE DE PROPOSTAS PARA QUE PASEDES ESE TEMPO DA MANEIRA MÁIS AMENA POSIBLE.
NAS VOSAS CASAS NON É POSIBLE FACER ACITIVIDADE FÍSICA COMO A QUE REALIZAMOS NAS NOSAS CLASES, SOBRE TODO PORQUE NON CONTAREDES CO ELEMENTO PRINCIPAL, OS VOSOS COMPAÑEIROS/AS.
O MELLOR QUE PODEMOS FACER AGORA É QUEDAR NA CASA E AXUDAR ÁS NOSAS FAMILIAS EN TODO O QUE POIDAMOS.